Monday 20 de May de 2024

O concello promove un sorteo no Mercado Municipal para estimular as súas ventas


Hoxe entrou en funcionamento o novo mercado municipal de Riveira e, co fin de estimular as súas ventas, o Concello de Riveira a través da área que dirixe Esther Patiño Rey vén de poñer en marcha un sorteo ao que pode aspirar calquera que compre nalgún dos 21 postos da praza de abastos.
Concretamente, o produto que se sorteará a finais de mes será unha fritidora eléctrica custeada polo Concello e calquera usuario da infraestrutura recén estreada poderá obter as súas rifas nos devanditos postos.

A intención é involucrar aos propios praceiros para que continúen esta iniciativa cun sorteo cada mes.